Presentación

Dámosvos a benvida á web da Escola Universitaria de Enfermería de Pontevedra, centro público adscrito á Universidade de Vigo e dependente da Deputación de Pontevedra. A páxina web é ante todo, e grazas ao traballo cotiá do profesorado e do persoal de administración e servizos, o instrumento que pon á disposición de todos os grupos de interese a información máis relevante sobre as actividades tanto do centro coma dos títulos que nel se imparten.

A Enfermaría como ciencia da saúde ten por obxecto o estudo do coidado integral do ser humano. O título de Graduado/a en Enfermaría integrase na rama de Ciencias da Saúde, ten una duración oficial de 4 anos e capacita para o exercicio da profesión regulada de Enfermeiro/a. Profesionais con preparación científica e humana e capacitación suficiente para atender as necesidades de saúde e de coidados das persoas sas ou enfermas ao longo do seu ciclo vital, das familias e da comunidade, e nos distintos niveis de atención sanitaria.

Avisos